Veja outros produtos de Urutau Editora
Podemos Amar Ou Podemos
Cód: 9788571051492
ou R$ 50,00 1x de R$ 50,00 nos cartões
CALCULAR FRETE
Devolução Fácil Se você se arrependeu e não usou o produto, pode devolver em até 7 dias.
Pronta Entrega + Frete Grátis Produto a pronta entrega, com despacho em até 24h após a aprovação do pagamento. Enviamos para todo Brasil, com frete grátis nas compras acima de R$ 299 SP, RJ, MG, PR!
Garantia de Entrega Todos os nossos produtos possuem garantia total de entrega ou seu dinheiro de volta.
Podemos Amar Ou Podemos
Fernandes, Judite Canha
Parto daqui deste lugar nenhum que é meu corpo e con estas nove palabras exactísimas de Fernandes inicio o percorrido anatómico do amor e do poema, coa firme tentativa de erixir unha escultura coas mans da outra sen perder o equilibrio. A cartografía xa foi deseñada nestas páxinas, cunha horizontalidade propia desa poesía que nos revela a escuridade que hai na luz, e o coloca todo a ras do chan para, desde aí, divisar as alturas do mundo. Cal é o amor que queremos construír e reinventar? posso escolher quando amar? posso escolher como amar?, ou meto o meu amor nun canon que transita cun medo terrible do devir? É o amor corpo e desexo?, é un pensamento como dixo Pessoa? Fronte á mentira sentimental eríxese a verdade abrupta. Será entón o amor unha verdade? Quizais abondaría con asumir o risco do amor, con aceptar a morte e a vida num grão de areia, tarefa heroica nunha sociedade que todo o calcula para un hipotético futuro asegurado: calcula o noso tempo de fertilidade, a distancia entre as nosas cadeiras e o noso sexo, a curva dos cadrís ou os matices da palabra amante. Judite Canha Fernandes Difícil moldear a vivencia desta lectura sen unha inclinación que me resgarde das inclemencias do tempo. Como a sobreira, a proliferación dos versos é vasta e vizosa, precisa máis humidade e soporta menos o frío. Así, dentro deste libro latexa un coração transido de frio, e desacostumado a amar, que busca escrever-te um poema tão delicado que se quebra com as palavras. Penso deseguida na fúria da loiça da china, rompendo en anacos de infinito as catro esquinas da beleza e no tique –taque de uma bomba ameazando unha sensibilidade tan forte que violenta, a sensibilidade dunha escrita atravesada por todas e cada unha das cousas que hai neste mundo mal feito, e que, ao mesmo tempo ansía rebentalo todo, comenzando polas cousas máis fermosas. Esa contradicción que nos permite vivir. E mentres repito narcoticamente algúns versos a viva voz, a miña pel arrepiada esgaza, coma unha póla exposta ao furacán, e vexo como entre as mans a escultura que erixín ten forma de árbore apuntando coa copa ao universo. Podemos, entón, amar ou pudemos ser como as árvores/ que não conheces até lá fazeres amor/ aquelas que não sofrem com o peso do intelecto/ e chupam a memória das estrelas/ diz-me não é assim a poesia? Silvia Estévez Penas
Livro recomendado para literatura, leitura, conhecimento, educação, aprendizado, cultura e desenvolvimento pessoal.
Uma obra que desperta interesse e novas perspectivas sobre o tema.
| Informações Adicionais | |
| Dimensoes | 14x19 |












